lunes, 24 de septiembre de 2012

DÍA COMPLETO

Iso é o que penso que foi hoxe... primeiro fixemos a asemblea moi tranquiliños, e ata nos deu tempo a contar cantos éramos e mesmo cando cambiamos o día miramos que letras tiñan e o "S" triunfou porque moito lles gustou, ademais de que somos varios os que a temos.
Logo tiveron música e inglés, fomos ao patio e cando estábamos listos para marchar aínda tivemos que apurar mais porque empezaban a caer gotas, nótase a chegada do outono.
Ao chegar a clase seguimos formando o arcoiris de peixes, esta vez tocou o turno do lila, e despois da conversa que tivemos sobre os peixes non se descarta que saia un proxecto... falamos de como nadan, como respiran.... veremos mañá.
Como algúns se aventuraron ademais de darlle co pincel a darlle coa man ou mesmo a querer rememorar como fixemos os manteis quedamos un pouco manchados e as mesas tamén, non hai nada que non solucionen as toallitas.

E para rematar estamos aprendendo unha canción do outono, con baile incluido, este foi o primeiro contacto.
Mañá toca psicomotricidade, lembrade traer chandal;-)
Pd: Hay unha chaqueta de neno de Mayoral perdida, mirade se algún neno a levou por erro, gracias




No hay comentarios:

Publicar un comentario