domingo, 23 de septiembre de 2012

INFORMACIÓN

Adaptación rematada e agora comezamos co horario definitivo... mañá entramos xa ás 09:40, e saímos ás 14:35.
Os nosos profes son:
Alberto que nos vai dar psicomotricidade (Martes e Xoves), música (lúns), atención educativa (só, os que non opten por relixión) (venres), ademais de vir apoiarnos á aula.
Eva, que nos ensinará moitas palabriñas en inglés (lúns).
Elena, virá os xoves a facer estimulación da linguaxe oral.
Mary, relixión (venres).
E a min xa me coñecedes.Silvia.

Lembrade o calendario de merendas que estará na parte lateral do blog, cando o servidor me deixe subilo de algunha maneira.

E aproveito para deixar un enlace a unha páxina de xogos, que me parece bastante interesante; os xogos están elaborados polo CRA Sexma de la Sierra, e este é a súa portada de presentación (moi chula para o meu gusto), se premedes dela teredes aceso directo aos xogos.

2 comentarios:

  1. hola Silvia! o poliño Roy hoxe luns non asistiu a clase por consello do seu médico, pero maña si xa esta recuperado, si que asistirá. Coas ganiñas q tiña hoxe de ir o cole...................bueno vemonos maña

    ResponderEliminar
  2. Que pena!!! xa nos empezan a chegar os virus de comezo do curso!!
    gracias por avisar, vémonos mañá!

    ResponderEliminar