miércoles, 26 de septiembre de 2012

NOVO PROXECTO

Pouco a pouco nos imos afacendo a estar o día enteiro no cole, aínda que costa un pouco máis que na adaptación, e se o xuntamos con que chove polas mañás, pois aínda peor xa que estamos no aula.

Xa se pode dicir que temos proxecto, tanto peixe arcoiris por un lado e polo outro acabounos interesando o tema pero non so no referido aos peixes, senón ao mar en xeral. Por se había dúbidas de se interesaba o tema hoxe limos este conto e ver tantos tipos de peixes, o peixe espada, o paiaso, e o pulpo que soltaba tinta... pois a partir de agora a investigar, xa envio en breve unha notiña á casa para informarvos.

Seguimos traballando pouco a pouco, coas cores e facendo algunha manualidade que nos levará o seu tempo rematala; pero xa conseguimos ir máis aló porque xa que nos gustou tanto o "S" o lúns, xa estamos intentando facer algunha letriña e a verdade é que bastantes poliños xa lles van dando xeito.

E hoxe case para rematar o día e cambiar un pouco de aula fomos á aula de psicomotricidade onde temos unha pizarra dixital e estivemos tomando os primeiros contactos con ela, debuxando, ao principio só facíamos liñas de cores para probar como funcionaba pera ao final xa rematamos debuxando, como non todos chegábamos ben tivemos que facer algún apañiño.


2 comentarios:

  1. Por fín veo la famosa pizarra de la profee Silvia de gimnasia, jajajaja El año pasado me hablaba Pablo de ella y yo no entendía cómo podía ser esa pizarra...Ahora ya, por fín, la veo... Me estoy quedando desactualizada con los nuevos recursos de los coles ;-)

    ResponderEliminar
  2. Les encanta, el año pasado en gimnasia se lo pasaban genial cuando al final de la sesión les ponía una canción para bailar y seguro que también te habló de la canción del encargado... si se busca en youtube tina+tin y se pone el nombre del niño/a canta la canción dedicada a el, lo malo es que no hay todos los nombres.
    En nada, ya te explica Carla el funcionamiento, jeje

    ResponderEliminar