sábado, 29 de septiembre de 2012

REMATOU A SEMANA

Chegou a fin de semana e os peques poderán recuperar forzas despois desta dura semana, bueno os peques e eu tamén.  A verdade é que foi más complicada que na adaptación, porque estar toda a xornada completa cansounos moito en xeral, unido a que xa tiveron inglés, psicomotricidade, música e relixión pois aínda máis trastoque con tanto cambio de profe, seguro que a semana que ven xa irá mellor. Ademais hai que poñer o punto positivo e é que dende que entraron ata agora xa se lles nota que medraron e que incluso xa lles gusta máis facer cousas por si solos, xa saben as rutinas da clase.
E agora toca comezar proxecto, onte levastes esta nota, posto que imos comezar o proxecto do fondo do mar:
A profe que lles vai dar estimulación da linguaxe pide un boneco blando do tamaño dun puño aproximadamente, porque con el farán a relaxación, por favor que veña co nome, e xa aproveito e recordovos que lles poñades o nome ás chaquetas, porque ao final non sabemos de quen é cada unha.
Estes días estivemos traballando a través de xogos unha serie de conceptos: arriba e abaixo, dentro fora, pequeno grande, igual ou diferente e tamén un pouco de figuras xeométricas cos gomets e case rematamos de pintar os peixes do peixe arcoiris, bueno úns pintados e outros pegando papeis, para non usar sempre a mesma técnica.
E case non fotos porque non nos deu nin tempo, neste poderedes ver o minuto que nos quedou entre rematar de prepararnos para sair e a saída.
Boa fin de semana


2 comentarios:

  1. En esta foto se puede ver muy bien el "mogollón" de peques que son... madre mia que locura¡¡ jajaja. Yo con dos me vuelvo loca y tu tienes que "dominar" a 25¡¡ Te admiro...

    ResponderEliminar
  2. jejeje, gracias!!!!Poco a poco se va consiguiendo!

    ResponderEliminar