viernes, 14 de septiembre de 2012

XA FACEMOS TRABALLIÑOS

Terceiro día e xa empezamos a encher o noso casilleiro (case todos, os que faltan nun par de días tamén o farán, seguro). E que mellor maneira de facelo senón co polo Pepe saíndo dun ovo; primeiro xogamos un pouco coas cores a ver se sabíamos de que cor o tíñamos que pintar e logo mans á obra, para rematar pegándolle o ovo.
Tamén empezamos coa práctica de poñer o mandilón. O segundo grupo saiu ó patio, e o primeiro acabao a corta estancia no cole cun xogo de ordenador ao que todos/querían xogar e como nenos/as maiores agardaron o seu turno, que ben!!!!
O lúns xa vimos duas horas cada grupo e o martes coñecerémonos todos.
Boa fin de semana!
 

5 comentarios:

  1. Dende Arteixo, moitos animos aos nenos e nenas do CEIP Valle Inclán e lembrar que os comezos sempre son un chisco duros pero que logo as cousas van ir sobre rodas. Darlle tamén animos á mestra e felicitala polo blog que está moi, moi completo e moi ben. Segue así

    ResponderEliminar
  2. Ola Silvia!!!, vaia aula mais grande que tes, e que chula che quedou, que ben van a estar eses poliños, que sepas que os pingüis por Arteixo acordanse de ti.Un bico.

    ResponderEliminar
  3. Que alegria ler que dende Arteixo me escirben profes, papis e que os peques se acordan., eu tamén me acordo moito de vos. Graciñas!!!

    ResponderEliminar
  4. Ola Silvia. ¡que privilexio para estes nenos! con unha clase tan grande e bonita e unha mestra coma ti non se van aburrir nadiña. Moita sorte nesta nova andanza. Bicos dos pinguis que este ano son os mayores do cole.

    ResponderEliminar
  5. Moitas gracias Matilde, tanto por mandarme os bicos dos pingüis como polo comentario tan positivo no que resulto agraciada;-)!!!!

    ResponderEliminar