martes, 9 de octubre de 2012

RECUNCHOS

Os recunchos están en funcionamento, para iso temos unha táboa na que cada día imos anotando o recuncho que nos toca de maneira que ao longo da semana pasemos polos diferentes recunchos; hai algúns que tardaremos máis en pasar por eles, posto que non admiten tantos participantes á vez: o ordenador e o dos artistas.
Seguimos a contas co noso proxecto sobre o mar e imos ampliando os nosos coñecementos. Sabemos que tamén hai un peixe que se chama lenguado e fixemos unha ficha sobre onde viven E tamén estamos aprendendo unha táctica para debuxar bancos de peixes, a ver que tal se nos da...

No hay comentarios:

Publicar un comentario