jueves, 6 de diciembre de 2012

O SOL LORENZO E A LÚA CATALINA

Non sei se é este o título da canción exactamente... pero esta semana Carla trouxonos a canción que canta coa súa nai e o seu irmán, encantounos!!! Agora estamos intentando entonala ben convertíndonos en sopranos e tenores!!!
E cada vez imos enchendo máis o noso recuncho do proxecto, esta semana incluimos un sol e unha lúa grandotes de Himena e un conto de Matías. A Partir de agoro vou poñer todo o do proxecto nunha albume porque senon ocupa un montón de espazo no blog. Gracias polas aportacións.
Seguimos cos xiros da lúa, do sol e da terra e temos unha mini bola do mundo en clase que nos axuda a ver onde estamos e como vai xirando. Aínda que a lúa cando está pequena segue sendo menguante o de crecente cóstanos un pouquiño máis. Aínda que si somos úns expertos co punzón, que precisión para conseguir unha lúa brillante.

Sol e Lúa

2 comentarios:

  1. Mmmmm... que de cousas están aprendendo estes peques!!!

    ResponderEliminar
  2. Si si a verdade é que é poñerse a investigar e sae de todo e como o collen todos pois xa ves!!

    ResponderEliminar