martes, 16 de abril de 2013

COMEZANDO COAS CASAS

Xa temos algunahs cousiñas das casas que foron trouxendo os peques que publicarei nestes días. Pero quería que virades como foi que moitos chandals acabaron cuns tonos diferentes, era demasiado tentador e había que pintar todo como fose... estaban pintando unha casa de cartón, agardamos rematar estes días.

O xoves remata o prazo para traer os debuxos para o concurso de debuxo organizado polo Clube de remo "Mecos", os que queirades presentalo traedeo canto antes.
E un aviso, se seguen vindo estes días tan bos, aínda que non sei canto durarán,  se queredes botádelle crema pola mañá, sobre todo aos que teñen a pel moi sensible, por cando saiamos ao patio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario