sábado, 27 de abril de 2013

RESUMO DAS ÚLTIMAS NOVAS

Rematamos a semana e estas son as últimas novidades.Matías trouxonos unha casa da árbore que ten diferentes xogos para os bonecos e estivo ensiándonos como podían subir e baixar por algúns deles. Hugo troxonos un iglú feito por el e os papis que dentro ten os esquimais, a fogueira para non pasar frío e a foca na porta. Quedaron tan prendados que a semana que ven toca traballalos (así son os proxectos, sabes como empezan pero non como seguen, hai que aproveitar a motivación dos peques)

Polo que aproveitamos a e vimos un mini video que recopilei hai un par de anos, de como se fan os iglús:


Xa fixemos tamén un "prototipo" de casa de madeira con paos des de xeado de cores, e imos colocando o noso nombre no debuxo da casa ou do efificio según onde vivamos.
Aproveitamos para xogar tamén a atopa o erro pero ao modo sencillo, primeiro fomos dicindo as cousas que había en cada parte da casa e despois entre catro debuxo adiviñábamos o que non se correspondía nese lugar.
E xa por último comentar que levaron para a casa a autorización para ir de excursión ao teatro de Caixa Nova en Pontevedra, imos ir ver "A Caixa de Música". É importante que a traiades entre lúns e martes xunto cos 6 euros os e as nenos que veñan para que poidamos ver cantos somos e concretar coa empresa dos autobuses. Gracias!!
Desfrutade da fin de semana!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario