sábado, 21 de diciembre de 2013

CONFERENCIA CON PAPA NOEL

O Xoves e o Venres fomos falar con Papa Noel. Tivemos que ir dous días en dous grupos, porque non collíamos todos. Daquela o xoves fomos cos compis de 3  e o Venres cos de 5. Conectábamos con el dende Laponia, onde estaba todo nevado e cada un dos que quixo colleu o micro e foille pedindo o que quería que lle trouxese, de paso Papa Noel aproveitaba para facer algunha pregunta para saber se facíamos as cousas ben.  O seu amigo Rodolfo non quixo sair na gran pantalla porque seica é moi tímido, pero si nos mandou un saúdo. Ademais mandáronnos caramelos e un agasallo.
Agradecer ao Concello de Cerceda o realización desta actividade e aos organizadores.


Pouco a pouco irei publicando as actividades destes días porque son arquivos bastante pesados e tardan en subir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario