jueves, 2 de julio de 2015

AO FINALIZAR O CURSO...

Estivemos moi atarefados e con moitas cousiñas novas, que contamos hoxe todas xuntas.
Rematamos o proxecto do cine , ainda nos facía falta unha semaniña máis, xa que estábamos gravando o trailer do que foron estes dous cursos e quedaron algúns nenos sen intervir, posto que había que ir cambiando de espazos e non había tempo. Pero mirade que descubrimos; Celia trouxonos unha especie de proxectos de diapositivas, que viamos como liña unha lámpara e se cargábamos unha diapositiva se via reflexada.
Noelia Castro e a súa familia trouxonos unhas cámaras de video antiguas feitas en madeira, que logo nós decoramos.
Esrivemos repasando os número co bingo! Como nos gustou, mesmo había piques por cantar o bingo, pero só tivemos tres afortunadas, porque algún bingo non fai cantado.
Aprendemos unha nova técnica para pintar ondas de mar, cun cartón e movéndoo, era estupendo poder pintar cun cartón.
E tamén houbo tempo para coñecer a novas personas: por unha banda coñecemos a unha profe, Aurora, que nos caeu super ben, que veu facer prácticas con nós e nos ensinou un xogo xenial, xa que combinada novas tecnoloxías e psicomotricidade.
Tamén tivemos a oportunidade de que nos visitase unha nena que vai ser compi en primeiro, porque o curso que ven, en primaria van ser algúns máis na clase, aínda que eles xa o saben mellor ca min que os teñen máis que controlados;-)
E xa que nos queda pouco para primaria pois baixaron os de 6º a xunto nosa e nós a xunto eles, porque así xa de paso coñecemos as clases dos maiores. Cantáronnos e interpretáronnos unha canción ideal, que prepararon coa profe Loli.






No hay comentarios:

Publicar un comentario