lunes, 7 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA

Esta semana é a semana da Prensa, polo que a nosa investigación vai ser xornalística.
Hoxe pola mañá abrimos o ordenador e buscamos un xornal dixital, neste caso "La Voz de Galicia" que logo vimos en papel, aínda que o de outro día que non atopaba o de hoxe e puidemos ver as seccións que tiña e que había un apartado moi curioso que nos dí o tempo que vai facer nos vindeiros días, pero démonos conta de que non todo o que contan os xornais é certo.. neste caso o tempo non coincidia co que estaba facendo neste momento en Cerceda daquela o mellor foi modificalo nós mesmos.
Ademais vimos que agora é moi fácil  facer copias dos xornais, porque a profe contounos que antes non había impresora nin fotocopiadora e a falta de impresora de xelatina na clase, decidimos facelo a un modo máis tradicional pintando unha folla de negro e escribindo ao revés dela e vimos como as nosas letrás saían no novo folio!! Vaia descubrimento.



2 comentarios:

  1. Que gozada ter pizarra dixital, con ela podense facer moitas actividades e moi motivadoras. Óliver chegou do cole dicindo que fixo de xornalista. Teño envidia sana da pizarra dixital.

    ResponderEliminar