domingo, 6 de marzo de 2016

VOLVEMOS EXPERIMENTANDO

Ao longo desta semana, na que xa, case estamos todos, (menos mal que fomos votando todo o virus fora), tivemos un experimento por día, o que pasa que non teño fotos de todos...
Como xa en nada rematamos o trimestre aproveitamos este tempo para traballar en base a experimentos e avanzar así en conceptos matemáticos e tamén en buscar palabriñas que nos interesen e non vexades xa que xeito lle van dando a escribilas!!
O luns, despois desta fin de semana pasada tan fría, había que probar a sensación de frío, unido ao peso, a como se derrete e a averiguar porque as cousas quedan conxeladas.


O martes a profe contoulles unha historia dun animal que tirara un caldeiro de pintura pero que non sabían quen fora, pero si que atoparan as suas huellas, daquela a través da huella puidemos averiguar que era un gato e que os gatos teñen pezuñas e a diferenciar de huellas doutros animais. Cando saímos ao patio intentamos buscalas por alí pero este día non houbo sorte.
O mércores foi o día de resolver problemas matemáticos... estivemos sumando ata 5!! 
O xoves tocou o turno á velocidade, hinchamos un globo e pegámolo a unha pajita que ia polo medio duns paos e ao soltalo queríamos saber si marcharía ou quedaría e marchaba!! E investigamos porque se ao soltalo hacia arriba non marchaba, houbo quen falou de hinchalo con helio...
O venres foi o turno de seguir co coro das emocións, xa estamos a tope coas tres cancións que temos que aprender: Zun gali gali, El guerrero Zulú e Chiquitito como un ratón, polo que se as escoitades pola casa e vos din que ten que cantar non vos asustedes, jeje
E esta imaxe non podo deixar de poñela... o venres como facía moito frío e o ximnasio estaba ocupado quedamos na clase no patio xogando un pouco e tres peques que estaban xogando coas marionetas, optaron por cambiarse de sitio porque dicían que cando as marionetas falan non se pode ver quen as quen na man.. nunca deixan de sorprender.



2 comentarios:

  1. Que ben o pasan!!!. Mauro o lunes na casa tuvo que deixar derreter uns cubitos de xeo.. pero os nosos non tiñan brillantina, nin foma cilíndrica como os do cole... jajaja.
    O de hinchar os globos con helio sóname a Mauro... díxemosllo un día e sorprendeulle tanto que nunca máis se lle olvidou... jajaja.
    Disfrutan moito ó tempo que aprenden.

    ResponderEliminar
  2. Que bo, experimenta tamén na casa.
    Pilláchelo, jeje, foi Mauro o do helio, alí nolo explicou perfectamente!!

    ResponderEliminar