martes, 26 de abril de 2016

ACTIVIDADES DE CLASE

Seguimos recibindo máis aportacións sobre o mar: Óliver trouxonos o seu primeiro peluche, que casualmente era un pulpo!
Mauro xa plantou os seus xiraois:
Tamén estivemos pintando as nosas flores e comezando unha sorpresiña para as familias.
Tamén tivemos tempo para andar fedellando coa plasti e ir facendo os nosos nomes, ademais de unha carretera chea de señales e obstáculos que un coche ía ter que esquivar.

E seguimos coa lóxica matemática, contando, asociando  grafias e resolvendo pequenos problemas:

E aquí vos deixo a canción que está causando furor, poñédella ,se queredes, e agardade a ver o que fan cando chega o momento de aparecer o tiburón, jaja

No hay comentarios:

Publicar un comentario