lunes, 18 de abril de 2016

OS PEIXIÑOS DA CLASE

A partir de agora espero que as publicacións xa poidan ser coma antes, porque a profe xa case rematou con todo o que tiña pendente e os peques xa están metidos de cheo no proxecto!
Xa estivemos investigando sobre os pulpos, as estrelas de mar (que non dan crédito coa de patas que poden chegar a ter), sobre algúns tipos de peixe e mesmo creamos un conto sobre o fondo do mar, que veredes pero de momento está en modo boceto.
E todo o inicio foi posible a todos os materiais que trouxestes e como estos nenos xa están feitos uns maiores xa andan indagando sobre o que ven,  preguntando e iso fainos buscar máis.
MOITAS MOITAS GRACIAS POLOS MATERIAIS, están xenial!! Podedes ver a alguúns peques explicando o que traen , outros probando o que se pode facer con eles, outros ensinándoo.... en definitiva unha artistada!

No hay comentarios:

Publicar un comentario