domingo, 8 de mayo de 2016

COCIÑANDO PALABRAS

Comeza a semana das letras galegas e xa que rematamos o noso proxectos dos peixes comezamos a traballar un pouco a cerca de Galicia, polo que o primeiro foi coñecer a nosa bandeira e facela decorando a nosa clase.
Logo xa introducindo un elemento típico de Galicia, o pote; daquela entre as múltiples utilidades que pode ser atópase a de poder cociñar e dado que non se pode con lume.. decidimos buscar palabras que nos resultasen difíciles para metelas dentro, pero con iso non era suficiente, polo que tamén había que formar unhas novas, asi cada un foi escollendo unha sílaba que debía escribir e meter dentro; logo un pouco de remexido e a sacar dous papeliños a ver se conseguíamos formar unha palabra ou non existía ningunha. Se toca xa unha palabra das difíciles había que buscar unha canción. Pasárono xenial!
Esa semana imos facer unha semana cultural Galega, para, á volta do ponte, centrarnos noutro proxecto.
Por certo temos que ensinarvos a nosa plantación que non vexades como medra!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario