domingo, 1 de mayo de 2016

EMOCIÓNS, TIC E TAC

Chega o día de abrir unha ventaniña ao que vos comentara que andábamos facendo no aula con varias cousiñas...
O pasado mércores tivo lugar a presentación no centro de Formación do Profesorado da Coruña, xunto coa miña compi e amiga, Inés; dende o ano que aprobamos a oposición e que nos coñecemos levamos feito cousas xuntas, entre elas o lipdup no colexio Ponte dos Brozos e este ano enmarcámnos nun proxecto experimental para traballar a educación emocional, é dicir, que eles comecen a recoñecer cando están tristes, contentos, nerviosos... e porqué, para deste xeito poder saber porqué lles acontece e poder canalizar a situación; pero para ir máis aló quixemos meter as novas tecnoloxías polo medio. Pero imos por partes!!
Preséntovos a Inés,aos que non a coñecedes!

Un enlace á noticia que anuncia a ponencia (Ir)
E unha parte de proxecto... non vai todo porque aínda que o probamos coas dúas clases, o tempo de exposición era moi breve e tivemos que acortar moito os videos, quitar intervencións de nenos, mostrar so algunhas partes e facer mix de cousiñas entre as dúas clases, co cal o referido aos peques de Inés, non o vou colgar.
Por un lado probamos a que os nenos quitasen eles sós fotos en stop motion, é dicir que a través de pequenos movementos dun so obxecto e/ou persoa cando se montase semellase un video... o que presentamos é algo parecido a un video que publiquei hai un tempo (Ir), pero con movementos de obxectos asociados  a situacións.
Estivemos facendo que os nenos ao escánear obxectos coa tablet a través dunha aplicación que se chama "Aurasma" puidesen ver algo relacionado en realidade aumentada... o cal non me aparece o que é dos peques, pero volverémolo a grabar para que o vexades!!!
Tamén traballamos co conto "De que color es un beso..." e como sabían que había bicos de moitas cores, nós intentamos reproducilos, por unha parte:










Averiguar a través dos razonamentos de Filosofia para Nenos o sabor que tiñan:
E como non.. o que sempre vemos polos productos, pola rúa... os cógidos, neste caso os códigos QR saber que nos poden aportar información sobre algo, e por unha vez ser protagonistas dun código que podemos ler coa tablet o o móvil; se tedes unha aplicación de códigos QR podedes probar:




Tamén traballamos coa música... como influé no estado de ánimo a música que escoitamos?? Pois aí vai un video que o amosa:

Levamos as emocións á plástica... por unha banda co experimento de Pollock, de pintar pinceladas como modo de desestres, que moitos teredes o cadro na casa e outra cunha app que permitía que nos quitáramos fotos e pintar a nosa cara da cor da emoción. E a cor  da emoción, asocíana gracias a un libro super bonito que se chama "Así es mi corazón",
E por último (polo momento) fomos protagonistas dun libro, deste mesmo que acabo de dicir e como nos conta que hai unha nena que o seu corazón está cheo de emocións e que poden ser de cores, agora fomos nós mesmos os que manifestábamos o que nos fai sentir dun xeito ou do outro. Aquí a mágoa é que non saen todos os nenos, non daba tempo a poñelo todo e por outro lado ás veces falaban de personas concretas e  non era nada malo pero non me pareceu oportuno que saise en video público; si é certo que polo medio hai alguna alusión a persoas pero é en modo simpático;-)

E esta é unha pequena mostra de todo, pero parecíame interesante poñelo porque eles son os verdadeiros protagonistas que se deixaron levar e probar e experimentar; faltan moitas cousas, moitos videos, fotos.. pouco a pouco como se vai seguir aplicando no aula aparecerán todos!

4 comentarios:

  1. Gran traballo o que fas cos nenos! agora entendo moitas cousas das que me fala na casa..

    ResponderEliminar
  2. olé!! unhas cracks....ainda que non me sorprenda con tdo o que traballades sempre!

    ResponderEliminar
  3. Graciñas Alexia!!!! Hai que recoñecer que parte da base tamén é a sorte de ter traballado contigo!!

    ResponderEliminar