jueves, 2 de junio de 2016

VENECIA

Unha entradiña breve para ensinarvos un pouco do que estamos facendo, a esperas de subir fotos das cousas tan chulis que traedes! E sen publicar todo o que facemos que senon cando chegue á casa xa o tedes visto;-)
Esta semana fixemos unhas máscaras venenecianas, que brillan un montón, senon mirade as fotos; decorámolas con plumas a brillantes; buscade aos bambinos e bambinas.
Tamén aprendemos unha palabra nova "Gelato" e traballamos coas formas xeométricas para facer xeados moi delicosos e tanto nos gustou que hoxe cando vimos que Sabela tiña unha camiseta dun "Gelato" quedamos sorprendidos e encantados!!
Descubrimos moitas cousas de Venecia gracias ao conto "Olivia en Venecia".
E tanto falar de comida Veneciana, esta vez, para rematar o curso tíñamos que montar o noso propio restaurante ó que lle chamamos "Caracolii" e no cal estamos facendo a carta de productos a ofertar. Pero para iso tocou aprender a poñer a mesa, que fixemos entre todos para logo montar un espazo propio no aula. Pero se se pon a mesa, ten que haber comida, por iso tíñamos algo para comezar a mañá dunha maneira doce e así empezar a investigar que poden comer pola mañá os venecianos.


Aproveito a entrada para comentarvos que ao mellor os peques fálanvos dunha profe nova, Paula; vai estar con nós no lugar de Eugenia e acollérona xenial!!!


3 comentarios:

  1. Alaaaa jajajajajajajaj!!!!mira ti porq a saida da clase alguns nenos me falaban da camiseta de sabela....ahora xa entendo todo!!!!

    ResponderEliminar
  2. Alaaaa jajajajajajajaj!!!!mira ti porq a saida da clase alguns nenos me falaban da camiseta de sabela....ahora xa entendo todo!!!!

    ResponderEliminar
  3. jejeje, aí tes a resposta Cris, que bo !!!

    ResponderEliminar