sábado, 10 de septiembre de 2016

COMEZAMOS!!!

Benvidos e benvidas a un novo curso!! Xa está aquí o inicio do curso, o luns ás 09:00 as aulas volverán encherse. Polo que chegou a hora de poñer en funcionamento o blogue (que xa tiña ganas).
O primeiro presentar a todos os que nos seguides o novo cole no que estou: CEIP Plurilingüe O Mosteirón:
O seguinte decirvos que este ano son profe de 26 peques de 4 anos (ademais da secretaria do cole) que terán unhas mascota moi especial pero que o luns van coñecer porque é unha sorpresilla.
Este vai ser a nosa aula xa para entrar o primeiro día, aínda que a poremos moito máis chuli:
O noso patio exterior (O interior ensinávolo cando esté rematado, xa veredes que bonito é):
E xa por último una adianto do que vai acontecer o luns, porque vai ser un día cargado de novidades:
Invítovos a todos/as a deixar os vosos comentarios, tantos aos seguidos, aos papis que o ano pasado comentastes como aos novos papis e mamis!




No hay comentarios:

Publicar un comentario