martes, 13 de septiembre de 2016

XA ESTAMOS NO COLE!!

Por fin nos coñecemos case todos! E tamén á nosa mascota que se agochaba detrás desta bolsa verde, Un mouchiño que nos acompañará en moitas aventuras, pero que viña sen nome, ata que fixemos votación para buscarlle nome. E tamén lemos un contiño que nos contaba algunha aventura dun moucho.
E para o primeiro día, as profes de infantil (que como xa sabedes somos case todas novas,  Sonia de 3 anos, Cris de 5 e seguimos contando coa profe Sefi á que tanto se alegraron de ver os peques), preparamos un photocall; vou deixando algunhas fotos en base ás autorizacións de imaxe que teño.


Hoxe xa para coñecernos mellor e ir collendo confianza contamos un conto do noso corazón que tanto nos gustou e nos axudou a dicir como nos sentíamos, tanto lles gustou que falaron toda a mañá del, jeje E en menos de nada estaremos traballando a tope!!! Con moitas cousiñas que facer.
Aproveito a entrada para mandar un biquiño aos peques de Cerceda que me acaban de dar o chivatazo de que van ver o blogue!!! Espero vervos pronto!!!


3 comentarios:

  1. Hola Silvia. A Óliver fixóselle raro ver a nenos e nenas que non son él e os seus compañeiros. Pero contento de saber algo da súa primeira profe no cole.
    Pola miña parte deséxoche moita sorte no teu novo destino.

    ResponderEliminar
  2. Que chulo el photocall,me encanta!!! Chloe me habló de búho,es bonito saber cómo es,y me dijo que el cojín es para que se sienten los encargados 😂😂😂.Gracias Silvia por dejarnos ver un poquito del día a día ☺️☺️

    ResponderEliminar
  3. Ola Chicas!!
    Verónica dalle un bico moi grande a Óliver! Normal que se lle fixera raro, diria e agora que?? jejeje
    Vanessa Moitísimas gracias polo comentario!
    Pouco a pouco poñerei isto ao día, de verdade, porque agora non me dan as horas do día!!
    Bicos

    ResponderEliminar