miércoles, 5 de octubre de 2016

DANDO FORMA ÁS NOSAS EXPERIMENTACIÓNS

Deixovos un pequeno adianto de actividades manipulativas experimentais que estamos facendo.
Por unha banda temos o noso recunho natural que comezou como aparece no video pero xa está super cheo, graciñas polas aportacións. E coas cousiñas do outono recreamos unha técnica denominada "Land Art", que consiste en empregar elementos da natureza para facer composicións artísticas; aquí van algunhas, non saen todos os nenos pero pouco a pouco irán saindo todos no blogue (había algunhas do grupo pero non están moi nítidas); e quedan por colgar todas as aportacións.
Tamén veredes ao final do video algo sobre o proxecto dos mariñeiros; dado que os mariñeiros tamén atopan cousiñas no mar, nos empregamos area para buscar tesouros e para sacalos empregamos uns palillos chinos con pinzas.

E mirade e os nosos faros para empezar a nosa viaxe en barco; para comezar a viaxe en barco puxemos nome ao barco " O pesca Mosteirón" e en breve imos facer o noso carnet de tripulación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario