jueves, 20 de octubre de 2016

INICIANDO O SAMAÍN

Aproveitando que chega a nosa clase o samaín, ademais de seguir co mar estamos tamén poñendo a punto a nosa clase para o samaín, asi que preparamos unhas guirnaldas para a clase e tamén a decoramos (pero aínda non rematamos). Temos unha porta de medo (como din eles, pero queren aínda poñela máis terrorífica). E tamén estamos xogando cos "bocadillos". E como comezamos? Pois lemos este contiño con música misteriosa :
E comezamos a falar do medo e de a que cousas lle tíñamos medo (en breve verédelo nun mural que estamos preparando) e logo buscamos sons de medo que transcribimos e imitamos o momento:


2 comentarios:

  1. Esta terrorífica a aula coa decoración do Samain
    Dades moito medo e risa
    Chulisimos os videos Silvia

    ResponderEliminar
  2. Gracias!!
    Xa vos ensinaremos como acaba a semana, que promete;-)

    ResponderEliminar