lunes, 24 de octubre de 2016

ISLA FANTASÍA

Hoxe pola mañá o carteiro madrugou moito para deixarnos a nosa primeira carta que viña co selo de Isla Fantasía!! Xa que nada máis e nada menos escribíranos a Mago Alfa.
Para quen non coñeza o proxecto de "Isla Fantasía" coméntovos que, é un proxecto no que se intenta motivar ao nenos de cara á lectura e a escritura a través de varias aventuras nas que hai seres moi misteriosos e mesmo unhas bruxas que nos visitarán en breve, que queren todo o contrario, que non avancemos na lecto escritura, pero nós como seremos moi valentes  non deixaremos que non boten ningún feitizo.
Agora temos que cubrir a nosa tarefa desta semana: Escribir unha carta e contarlles nela como é o noso cole.

Deixovos a canción que acompañará ao proxecto ao longo de todo o curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario