viernes, 18 de noviembre de 2016

ESTA SEMANA

Vou facer un resumiño do que dou de si esta semana!
Ademais de ir ao planetario que tíñamos instalado no cole, empezamos a preguntar moito por varias cousas: Por unha banda polas estrelas e pola lúa (que dicían que nos perseguía), ademais dado que moitos estiveron o luns mirando a super lua pois o interese era maior... e por outro dado polas cidades, polos países, polos sitios onde vivir... e comezamos  a usar o google maps para buscar cidades de España e ver canto tempo nos leva ir e en que medio de transporte podemos viaxar.
Tamen rematamos o noso mural dos gatos na noite, aos que sempre andan na busca nun peixe que poder papar.
Deixamos de lado todo debuxo feito para crear con troquelados e pinceis de xeito libre.

Lemos cartiñas de Isla Fantasía: A buxa Malauva escondeunos unha letra xa a semana pasada pero esta semana non se nos resistiu; esta semana propuxéronos buscar nomes piratas porpios, e así cada un de nos escolleu un nome pirata.
E tamén recreamos uns mouchiños (aínda non se lles secara a cola na foto, jeje).

Hoxe dende o cole enviámosvos un mail porque temos nova páxina web e a anterior deixa de funcionar, no lateral dereito do blog tedes o acceso directo, pero tamén volo deixo aquí (pouco a pouco irá estando máis chea de contidos).

Boa fin de semana!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario