viernes, 4 de noviembre de 2016

MOUCHIÑOS ARTISTAS

Despois desta ponte de descanso viñemos ao cole con moita enerxía e moitas ganas de traballar e así estivemos facendo boias de barcos de formas xeométricas para ver se as podíamos transformar, traballando o tempo, buscando iniciais de letras e mesmo inventando un conto sobre o mar, a nosa mascota e as castañas ... unha mestura moi boa, agora queda que o transcribamos e o ilustremos. E tamén tivemos tempo para traballar un pouco as obras artísticas, primeiro vimos unha obra de Van Gohg e hoxe toucou Miró, e aquí vedes o reflexo de converternos en artistas. Quitamos todas as sillas das mesas para poder ir movéndonos entre as mesas e coller as cores que precisábamos,compartindo, cambiando de compis.. aquí veredes o comezo do proceso (na foto están dicindo artistas, por eso vedes por cara bocas abertas, jeje) e tamen unha fotiño de como quedaron algúns, aínda os temos a secar.

Aproveito a entrada para unhas cousiñas máis. Dende o equipo de dinamización da lingua galega proponse realizar manualidades con obxectos do outono, pero é algo totalmente voluntario, só quen queira pode participar na elaboración.
Aquí deixo unha colaboración, moitas gracias!
Deixovos o enlace no que o equipo de dinamización da lingua galega irá publicando algunhas cousiñas:
Tamén dicirvos que o próximo venres imos celebrar o Magosto no cole para o cal pedimos a aportación de castañas , graciñas de novo. Tamén imos festexar o día do peón ou peonza, seguro que vistes que o alumnado de educación primaria está traendo peonzas ao cole, no caso de infantil non é preciso.
E xa por último, nesta entrada.... dende hoxe comezamos co préstamo de libros interactivo. Cada venres os peques levarán para casa un libro para leer coas familias e para cubrir na nosa libretiña. Pero é algo voluntario. O feito de realizalo é para incentivar máis aos nenos na lectura, na reflexión dos contos e que vexan a lectura como un momento divertido.
Boa fin de semana!!!
Volvemos o luns coas pilas aínda máis cargadas!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario