viernes, 2 de diciembre de 2016

EMOCIÓNS E SENTIDOS

Esta semana quixemos seguir afondando no tema dos sentidos tocando diferentes texturas e entre todo iso aproveitamos para facer un pouco de estimulación da linguaxe, neste caso fixémolo a través de xogo de sopro. Xuntámonso en grupiños de 3, un tiña unha pluma, outro unha pelota de ping pong e outro un pon pon, o primeiro foi tocar os tres a ver que texturas discriminamos e o seguinte foi probar a ver canta forza necesitábamos facer para que cada un voase máis ou menos lonxe e así reforzar a nosa mandíbula; e tamén hai por ahí un pompero.

Tamén rematamos un esquelete que tíñamos sen acabar, e coñecemos os seus osos:
E seguindo coas emocións, non podíamos deixar de quitar unhas fotos con cara de enfadadísimos e con cara de super felices e tunearnos ao estilo Andy Warhol.
Como a músical tamén é esencial na nosa vida, a través da canción "Toquinho" de Aquarela fixemos a seguinte actividade: tumbámonos todos cos ollos pechados pensando en que poderíamos estar pasando na canción e logo compartímolo con compis e agora con vos (como veredes hai diversidade de historias que poden pasar nunha canción, jeje)

Theo fixo co seu avó moitos nudos mariñeiros que estivemos vendo e encantáronnos os nomes de moitos deles:mariposa, aro guía....Graciñas!!!

E para rematar a semana Chloe trouxonos un delicioso biscoito para todos, moitas gracias!

2 comentarios:

  1. Gracias por mostrarnos estos momentos Cuanta imaginacion tienen y como disfrutan con todas estas actividades de los sentidos

    ResponderEliminar
  2. Una imaginación tremenda, nunca dejan de sorprender;-)

    ResponderEliminar