martes, 10 de enero de 2017

2017....ALA IMOS!!

Comezamos un novo ano con moita moita forza, non hai mais que ver a foto!
E tamén cunha gran alegría porque contaron que teñen as casas cheas de agasallos. No cole tamén nos deixaron cousiñas, unhas por parte da ANPA (cordas, aros, pelotas, gomas.. encántanlles) e tamén algún xoguiño na clase, pero temos un pequenos problema... estamos aínda buscando quen poido ser se os reis, se papa noel...seguro que en menos do que esperamos descubrirémolo!
E estamos cambiando cousiñas na clase, cada día algo novo, nas rutinas agora facemos estadísticas de tempo e debuxamos o día que fai, cambiamos de sitio e temos carteis novos cos nomes en maiúscula e minúscula (para ir identifcándoos) e máis cousiñas que vos iremos contando. Tamén estamos en proceso de decoración do aula e..a parte de abaixo dalgún taboleiro xa a temos case lista, xa que nela poderemos xogar; temos as casiñas que aparecen abaixo que serven para traballar  baixo un método de aprendizaxe da lóxica matemática que se chama ABN, serve para traballar o cálculo mental e para iso hai que ir comezando por cousas básicas daquela temos a casiña do 10, do 20, do 30...
E ao chegar a clase tamén puidemos ver que a nosa plantación por fin comezou a medrar!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario