jueves, 26 de enero de 2017

ARGALLADAS DA SEMANA

Un mini resumo das nosas cousiñas desta semana, xa que non temos foto de todo!
As botellas que trouxestes están no patio andaluz con moitos mensaxes de paz, dado que así traballamos que tamén nos podemos comunicar por medio de mensaxes lanzadas ao mar, en breve ensinarémosvos o resultado, porque aínda nos quedan por poñer os mares, mirade como o facemos:
Tamén estamos preparando o día da paz, e xa contaron que  a canción segreda...xa non e segreda, jeje, o luns interpretarémola xunto cos nosos compis de infantil, e seguro que tamén sabedes que estamos preparando para a ocasión, aquí vai un adianto:
Tamén tivemos momentos para fabricar os nosos propios selos e poñerlle prezo, pero diso non temos foto, queda pendente sacala.
E tamén tempo para xogar, que  pouco a pouco imos aumentando os nosos xogos de madeira manipulativos, que nos axudan coa psicomotricidade fina e coa creatividade. Aquí van os que máis nos gustan.



No hay comentarios:

Publicar un comentario