miércoles, 8 de febrero de 2017

AVISOS

En breve publicaremos o que estamos facendo cos números e demais cousiñas, pero hoxe toca dar uns recadiños. 
Hoxe os peques levaron para a casa duas notiñas, unha que se vos informa a posta en funcionamento de abalarMóbil (unha aplicación que vos permite ter avisos, xustificar faltas de asistencia... a través do voso dispositivo móbil); pouco a pouco estamos poñéndoa en marcha, polo que se por favor vedes que ao mellor facedes algunha xestión por aí e non está validada indicádemos para mirar o erro.
Por outro lado, solicitamos que trouxésedes unha bolsa de papel ao cole, xa que temos que levar unhas cosiñas e neste tipo de bolsas seguro que van máis suxeitas.
E xa por último (nas notiñas) desvelábamos o segredo a voces, a temática do entroido deste ano, o modernimo. Polo que unha vez máis pedimos a vosa colaboración para que o día 24 os peques veñan disfrazados de época modernista. Estamos xa poñendo en funcionamento  varias artimañas para que os peques o desfruten e coñezan as características de época.
Un adianto do que mañá poderán ver no cole;-)
Outra cousiña: O mail buhosmosteiron@gmail.com, estará activo todo o curso, polo que se nos queredes mandar algunha foto ao mail, ou saudarnos estaremos encantados, xa que o abrimos todos os días a ver se temos algo.
E unha fotiño do que onte puidemos vivir no cole, viñeron facernos un obradoiro dos productos típicos do mar, dentro do proxecto "O Sabor da aventura está no mar"


No hay comentarios:

Publicar un comentario