miércoles, 14 de junio de 2017

COCIÑANDO UN RICO PATÉ CON SUSANA

Esta semana visitounos Susana, a mamá de Alba Rodríguez. Veu facer con nós un paté de marisco que non é por darvos envidia, pero estaba de chupar os dedos!! E a maioría dos nenos deron fe diso.
Con Susana, mesturamos os ingredientes, batemos coa batedora e encantounos todo. E Alba que xa sabía a receita axudounos e repartiunos unhas tarrinas de pan que nos trouxeron para poder acompañar o paté.
Moitas gracias!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario